27.6.22

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O VERÁN

Xa que algúns de vós nos preguntastes por un libro de vacacións para os nenos e nenas de 3 anos, decidimos elaborar estas fichas imprimibles de repaso por se algún neno/a as quere realizar. Son  TOTALMENTE VOLUNTARIAS, e os conceptos traballados pódense abordar con material máis lúdico (por exemplo unha caixiña con sal ou area onde trazar os números e as letras) tamén é importante que recorten libremente, rasguen, debuxen, coloreen, construan e sobretodo que xoguen, se pode ser en contacto coa natureza e con outros nenos e nenas, que descansen e sobretodo que disfruten das vacacións e da familia. BO VERÁN!























16.5.22

EXPERIMENTANDO COA ESCULTURA

 Continuando co proxecto de arte, estivemos experimentando con plastilina e fixemos unha reproducción desta obra de miró:


Aquí tedes o proceso e o resultado.




Quedaron chulas.....a que si???

10.5.22

VEXO, VEO XACOBEO

 Durante uns días estivemos falando dos camiños Xacobeos, en especial do que pasa pola nosa localidade (O camiño de inverno). Aprendemos algúns dos símbolos do camiño (a vieira, as frechas amarelas) e algúns elementos que debiamos levar para a viaxe (mochila, cantimplora, bastón ou bordón). Este miniproxecto culminou cunha visita dun peregrino primitivo ao centro escolar (que nos ensinou como era o seu traxe), un obradoiro (onde decoramos pegadas para deixar polo camiño de inverno) e un contacontos da man de Tina Calixtina, a tartaruga mascota do proxecto); Por levar a cabo este proxecto a Xunta de Galicia agasallounos cunha gorra e unha sudadeira para animarnos a facer o camiño e recibimos a visita das autoridades.














PROXECTO DE ARTE

 Neste terceiro trimestre estamos traballando diversas técnicas artísticas, comezamos estimulando ao alumnado e motivandoo facendo unha actividade de pintura con canicas emulando a pintura de Jackson Pollock.








Posteriormente inspirámonos en Joan Miró para darlle cor as pedras:

Primeiro preparamos un obradoiro de pintura no patio aproveitando o bo tempo:







Cando secou a pintura estampamos un ollo branco e fixemos a pupila con rotulador permanente.






E este foi o resultado:



Dentro duns días máis. ;)

SEMENTEIRA

 Chegada a primavera decidimos sementar un pouco millo:



Pero por máis coidados que lle demos ao millo....


non quixo nacer.

Asi que chegado o bo tempo, decidimos probar de novo, con un clásico: AS FABAS.


Desta vez decidimos darlle un pouco máis de mimo:

Comezamos preparando uns invernadoiros onde meter a semente entre algodóns humidos para que xerminara:


Despois puxemos os invernadoiros nas ventás para que recibisen a luz e o calor que necesitaban para xerminar.


Cada día iamos observando como estaba indo a xerminación:




Cando observamos que xa xerminaran as fabas, chegou o momento de plantar: 




Primeiro botamos terra e puxemos a semente:


Despois botamos un pouquiño máis de terra.


Agora toca regar un pouquiño.


E agora ... a esperar que crezan na terra....pasou un día, dous e o terceiro.....


... comezaron a sair fóra da terra, e día a día van crecendo máis e máis.


Nuns días, levarémolas para a casa para prantar nas nosas hortas e xardíns....a ver se nos dan para un caldiño ou para unha boa fabada, mmmmm.