14.11.21

SAMAÍN

A semana pasada celebramos a semana de Samaín con diversas actividades e eventos, aquí vos deixamos as fotos dalgúns deles.

Comezamos a semana traballando sobre o conto: O monstro de cores;  identificamos o medo, que é o que nos fai sentir medo, e gardamos os nosos medos nun bote. Había medo as arañas, as bruxas, as vacinas, ao coco, ....










Tamén decoramos as aulas:



Durante a semana traballamos, tamén, o conto: Corre, corre cabaciña na que as mestras de apoio xunto coas de prácticas nos prepararon un espectáculo de títeres no salón de actos do centro.











Despois nos fixemos unhas cabazas corredoras e faladoras como as do conto con pintura de dedos. Traballamos moitísimo!!









Mesturamos amarillo e vermello e... LARANXA!!! como a cabaciña do conto!





E ata tocamos cabazas reais de distintos tamaños para ver se estaba alí escondida a velliña...


E como somos uns e unhas artistas decidimos pintalas:







Este foi o resultado do noso traballo:














Tivemos unha actividade de decoración de máscaras de medo:





E así nos quedaron así de chulas:
























Houbo tempo para falar de monstros, de monstros malos, terroríficos, monstros come nenos, pero sobretodo de monstros amigos, como estes que fixemos: 














E no día de Samaín...

Comezamos lendo o conto de Carabuñas, un bruxo moi aterrador:










E despois, convertímonos un pouco en Carabuñas e fixemos un experimento moi sanguento...










Botamos auga dentro do bote e... Mirade o que apareceu!!!!! QUE MEDOOOO!








Tamén tivemos un TALLER TERRORÍFICO:






Collimos arañas, bechos, ollos... entre teas de araña, sangue xelatinosa, vermes de cores...
























Empezamos un pouco escrupulosos coas pinzas pero ó final... acabamos metendo as mans!  (e porque a profe non nos deixou meter a cabeza porque se non....)



















E tamén fixemos unhas pulseiras chulísimas e monstruosas!
















E despois... COMEZOU A FESTA DE SAMAÍN! 

 Merendamos pantasmas de pataca... boooooohhhh









E 3,2,1.... A BAILAAAARR COMA ZOMBIES!







E a posar como estrelas de cine:











Finalmente, sacamos unhas fotos no photocall de Halloween do cole:









E por hoxe COLORÍN COLORADO, ESTE DÍA ESTÁ REMATADO... DUN BOCADO!